Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/5/14

En galego,... máis e mellor nº 48

Un novo número do boletín "En galego,... máis e mellor", o nº 48 correspondente ao mes de maio e derradeiro deste curso escolar.


Na capa sobre a face de Xosé María Díaz Castro, a quen vai dedicado este 17 de maio, o seu poema Penélope. No interior uns pequenos apuntamentos sobre o léxico das bicicletas. E na contracapa a imaxe dunha campaña de Prolingua e unha viñeta humorística de Xaquín Marín na que fai mofa dos que esquecen a lingua do país ao longo do ano e no 17 de maio se disfrazan nunha entroidada para celebrar o Día das Letras Galegas.




Penélope




 

A seguir un pequeno vídeo do Portal das Palabras sobre o léxico do poema Penélope de Xosé María Díaz Castro.