Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

19/12/12

Idade Moderna (6)

O século XVII marca o devalar da monarquía dos Austrias. As guerras en Europa, especialmente a guerra dos oitenta anos contra as Provincias Unidas (Holanda) e a guerra dos trinta anos, levan á ruina das finanzas da monarquía, que recorren a impostos cada vez máis abusivos e a levas masivas de homes para as guerras. A insatisfacción prende en Cataluña e en Portugal con revoltas que rematan con desigual sorte; Portugal procede á Restauración dunha monarquía propia, distinta dos Habsburgo, mentres a rebelión en Cataluña non ten a mesma fortuna e resulta aplastada polas tropas reais. Como consecuencia desta guerra a rexión do Roselló é separada do resto de Cataluña e remata en mans da monarquia Borbónica que reina en Francia.


A Paz de Westfalia consolida a monarquia francesa como a máis poderosa en Europa.


1625 Catalunya quere rebelarse


 

http://youtu.be/Y3UN7p2ZlUU

 

Restauração portuguesa - 1640


 



 

1641 O poder da fidalguía e a Guerra de Portugal (doc)


 

http://youtu.be/M9Qf7qxsYQg

 

 

Porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana

12 do 12 de 2012 ás 12 no CEIP de Randufe


 

18/12/12

10/12/12

SABEDES QUEN É O APALPADOR?

Nos últimos anos, nas vilas de Galicia estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador. Este personaxe vivía nas altas montañas das  serras orientais de Galicia e que nos días de inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e meniños por ver se comeran ben duranto todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.


O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Courel e caracterízase físicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta de bagas salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.


Aquí tedes o conto do Apalpador para coñecelo un pouco mellor!


Premede no título deste conto para saber aínda máis:




ou escoitade o conto neste vídeo:





e nos esquenzades de mirar os vídeos!





Pero deixamos o xogo para o final. Preme AQUÍ é pásao ben.



Ou resolve o XOGO DE PREGUNTAS premendo AQUÍ.

Monólogo do Vello Traballador. Pucho Boedo

Monólogo do Vello Traballador. Pucho Boedo


 

http://www.youtube.com/watch?v=dfNKNAxba6o

 

Monólogo do vello traballador. Celso Emilio Ferreiro


Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin sequera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.

3/12/12

Idade Moderna (5)

Despois do total sometemento do reino galego por parte do reino castelán acontecido no S. XV, entrou o vello reino no século XVI non sendo outra cousa que un territorio máis da poderosa monarquía Aubsburgo, que nin tan sequera dispón de voto nas Cortes Castelás. Para sabermos algo máis sobre o noso país baixo o dominio da Casa de Austria preme aquí.




 



 


1610 Que eran os fidalgos? (Doc)


 

http://www.youtube.com/watch?v=jiBsqiAUvxY

 

1610 Mais historias de fidalgos (doc)


 

http://www.youtube.com/watch?v=IJ4TS3uhGVM

 

1621 O Conde de Lemos e o voto de Galicia en Cortes (doc)


 

http://www.youtube.com/watch?v=vA9YJ8EYaaM

 

1621 A inquisición e Maria Soliña (doc)


 

http://www.youtube.com/watch?v=937-_IIvIeo

 

María Soliña deu pé a un famoso poema de Celso Emilio Ferreiro, que foi musicado e interpretado por numerosos artistas.


Astarot tamén fixo, con outra letra, unha canción a María Soliña.


 

http://www.youtube.com/watch?v=OnhgaPFlNhU

 

 

 

 

Aquí temos algo máis sobre rochas e minerais!

FRACCIÓNS

2/12/12

NATURNOVA

@s nen@s de 3º e 4º visitamos un museo diferente. Este lugar mostraba e aprendiamos sobre a nosa contorna experimentando nós mesmos. Queredes saber como foi?  Mirade esta pequena mostra.


Escoita. Guezos

Escoita. Guezos


 

http://www.youtube.com/watch?v=ipBnsxatjv0

 

O Berce de Papel nº 81

NÓS TAMÉN RECICLAMOS

AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DUNHA DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO COMÚN NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO....EMPEZAMOS POR SEPARAR O LIXO PARA RECICLALA E REUTILIZALA!!!