Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

25/3/20

Tarefas 5º EP 25/3

Bos días rapazas e rapaces! As tarefas para hoxe serán algo menos cas de onte xa que as de onte eran bastante intensivas e de novos contidos. Así que hoxe nos dedicaremos a repasar o que fixemos o martes.

Matemáticas: Seguimos coas potencias. Lémbraste dos términos das potencias? Si non te lembras volve a ver o vídeo de onte e lémbrate ben de como se chaman. Despois resolve as seguintes potencias igual cas de onte.
·  83 = ?
·  64 = ?
·  122 = ?
·  2341 = ?
·  70 = ?


Para as dúas últimas potencias podes utilizar a calculadora. Sorpréndeche algún resultado? Pois proba con 00


Ciencias Sociais: Imos a revisar e seguir avanzando na análise de climogramas. Visualizade o seguinte Vídeo e despois analizade os climogramas que quedaron de onte e tamén estes novos. Climogramas 2


Ao longo da mañá publicarei un Quizziz. Farei unha actualización cos datos. Intentarei facelo tamén en directo, así que estade atentas e atentos aos mensaxes do classcraft.

Quizziz para xogar do tema de Ciencias Sociais. Quizziz CCSS


Moito ánimo a todos!!