Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

30/3/20

Luns 30/03/20 - Actividades 3º de primaria

Bo comezo de semana chic@s!

Hoxe dende a área de matemáticas seguiremos coa resolución de problemas. Non esquezades volver a repasar a táboa léxico matemática. Táboa 
A continuación iremos ao seguinte enlace para traballar a resolución de problemas na comparación de prezos. Nesta tarefa precisaredes lápis e papel.  https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-comparacion-precios 

Ao rematar, imos facer un quizizz de cálculo mental. Para iso iremos ao enlace  https://quizizz.com/join e engadimos o código  797746.Escribimos o noso nome e iniciamos o xogo dándolle a comezar. Pensade ben antes de contestar!!!

A continuación, comezaremos coa unidade 10 de lingua castelá, que é a que nos quedaba por rematar na aula antes das vacacións. Para iso engádovos a lámina inicial do tema. Imos facer como na clase, observamos a imaxe 5 minutos e respondemos oralmente as preguntas. A continuación repasamos as palabras clave do tema novo. Se descoñecemos algunha buscámola no dicionario da “Real Academia de la Lengua Española”. 
Unha vez repasadas as palabras, realizamos o ditado nós mesmos nunha libreta, igual que facemos na aula. Lámina inicial


Ao rematar realizaremos un repaso de ciencias sociais a través dun cuestionario de quizizz da terra e a súa representación. Entramos no enlace https://quizizz.com/join . O código neste caso é 730481. Engadimos o nome e iniciamos o cuestionario.


Despois, dende á area de lingua galega imos facer unha comprensión lectora. A partir dun folleto teredes que contestar a unha serie de preguntas e despois elaborar vós un folleto dunha festa da vosa localidade O folleto


Non vos esquezades de escribir o voso diario e repasar as táboas de multiplicar.
PD: Espero que vos gustara o vídeo que fixemos os profes, engádovos o enlace coa foto do corazón que empreguei no vídeo por si o queredes ter de recordo Corazón

Un saúdo
Fanny