Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

24/3/20

Tarefas 5º EP 24/3

Bos dias! Xa queda un día menos para que podamos volver a vernos todos no colexio. De momento seguimos traballando desde as nosas casas. Non desesperedes que xa queda menos!

Matemáticas: Hoxe comezaremos coas potencias. Contido moi sinxelo e facil de entender, ademais xa xurdiu en algunha ocasión algunha operación similar e algo xa temos visto en clase. De todos xeitos aqui vos deixo un video cunha explicación sobre as potencias. Video

Despois de ver o video facede as seguintes potencias seguindo este exemplo:
64 = 6 x 6 x 6 x 6 = 1.296. Seis elevado a cuatro es igual a 1.296 
  • 43 = 
  • 55 = 
  • 37 =
Lingua Galega: Empezamos tema novo, o tema 7 "Abre o Pano". Leede a lectura de este tema e respondede no ordenador a actividade 1 de compresión lectora. 

Ciencias sociais: De esta última sección 6 de C.C.S.S. non faremos esquema. O que si imos facer e analizar os climogramas seguindo as intrucións que nos indica.


Aqui tendes o documento cun exemplo para completar: Climogramas para analizar

Lengua Castellana: Para lengua castellana podeis hacer una descripción del paisaje que veis desde una ventana de vuestra casa. También podeis describir a una persona que no esté en este momento con vosotros pero que conzcais muy bien.