Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/3/20

Recomendacións do equipo de Educación Infantil

Dende o equipo de Ed. Infantil, dámosvos as seguintes orientacións e recomendacións para que fagades cos nenos/as nestos días que teñen que estar nas súas casas:
- Ler contos.
- Crebacabezas.
- Actividades de motricidade fina: recortar, rasgar, pintar, picar, xogar coa plastilina, cociñar….
- Xogos de construcións.
- Xogos de mesa en familia: parchís, cartas, dominó, oca….
- Seguir as recomendacións oficiais: lavarse as mans, non tocarse a cara, non saír á rúa, gardar a distancia entre as persoas.
- Explicarlles a situación aos nenos/as e normalizala para así evitar o medo neles. Podemos facer con eles o seguinte xogo do coronavirus:



 Esperamos que a pesar desta situación difícil que estamos vivindo, poidades aproveitar ao máximo estos días cos vosos fillos/as e que esta situación pase o mais rápido posible. O equipo de Ed. Infantil