O boletín deste mes trae na portada o cartel do VIII Día da Ciencia en Galego. Unha celebración, cabe lembrar, que comezou para reivindicar o galego para o ensino das matématicas, as ciencias e a tecnoloxía despois de que o goberno galego, presidido polo señor Núñez Feijóo, publicara o chamado decreto de plurilingüísmo que supuxo a prohibición do galego para o ensino das matemáticas entre outras cousas. No interior Solidarios e Intereseiros dános pé a tratar sobre esa peculiaridade do galego (compartida por outras linguas) dos chamados pronomes de solidariedade. E na contraportada unhas viñetas do popular personaxe que leva por nome O Carrabouxo.
Esta semana no colexio celebramos a " VIII semana da ciencia en galego" donde traballaremos o dereito a gozar da ciencia en galego, a través de figuras tan importantes como Charles Darwin e o galego Domingo Fontán. Descobriremos as Viaxes científicas de Darwin no Beagle, e a Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica de Galicia.
No recuncho de novas da biblioteca, temos una morea de recursos para traballar e facer descobertas sobre os autores homenaxeados este ano.