Lista de ligazóns

23/11/17

En galego,... máis e mellor. Nº 70, novembro de 2017

O boletín deste mes trae na portada o cartel do VIII Día da Ciencia en Galego. Unha celebración, cabe lembrar, que comezou para reivindicar o galego para o ensino das matématicas, as ciencias e a tecnoloxía despois de que o goberno galego, presidido polo señor Núñez Feijóo, publicara o chamado decreto de plurilingüísmo que supuxo a prohibición do galego para o ensino das matemáticas entre outras cousas. No interior Solidarios e Intereseiros dános pé a tratar sobre esa peculiaridade do galego (compartida por outras linguas) dos chamados pronomes de solidariedade. E na contraportada unhas viñetas do popular personaxe que leva por nome O Carrabouxo.