Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/5/20

Venres 15/05/20 - Actividades 3º Primaria

Ola chic@s! Sabedes que día é o domingo? Si, é do día das Letras Galegas. Hoxe imos dedicar toda a xornada a esta celebración.
Este ano o homenaxeado é o escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Para comezar engádovos un vídeo introdutorio sobre el no enlace https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY para que poidades visualizar e saber moitas cousas sobre el.

A continuación vouvos pór unha serie de propostas para que realicedes e así aprender un pouquiño máis sobre el.



Aproveitando a celebración, hoxe ides escoitar un dos seus libros titulado “As pitas baixo a choiva” no enlace  https://www.youtube.com/watch?v=glws3adD138&app=desktop. Estade moi atentos! 
Ao rematar realizaredes un xogo interactivo no enlace http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/.

Ademais engádovos tamén un libro dos Bolechas dedicado a Ricardo Carvalho Calero para que hoxe realicedes a súa lectura "As miñas primeiras letras galegas"

E por último e dende a área de plástica imos construír un cartel do día das Letras Galegas 2020, no que apareza polo menos o nome do homenaxeado mais unha caricatura del. Podedes engadir moitas máis cousas e empregar todo o que aprendestes. Non vos esquezades ao finalizalo de enviarmo ao correo electrónico!!!

Moi boa fin de semana e ata o luns.
Fanny.