Lista de ligazóns

2/4/20

Xoves 02/04/20 - Actividades 3º de primaria


Bos días chic@s!
Hoxe faremos un traballo de investigación na área de ciencias da natureza. Para comezar imos ler o seguinte documento . Animais acuáticos e terrestres Unha vez rematado imos crear unha guía dun animal acuático e outro terrestre. Para iso déixovos un documento para completar Guía

A continuación, seguiremos repasando os artigos en lingua castelá.  Espero que os comprenderades sen dificultade, pola contra preguntade sen dubidar! Para seguir repasándoos imos facer unhas actividades do libro Artigos

Ao rematar faremos un repaso de todo o tema de matemáticas das fraccións para comprobar se temos algunha dificultade con este tema. Farémolo a través dun cuestionario de quizizz. Entrade no enlace https://quizizz.com, engadide o código 728241 , poñede o voso nome e comezades o cuestionario. Fixádevos ben antes de contestar! Ánimo chic@s!!!

E por último engádovos unha lectura coa súa comprensión a través da páxina de mundo primaria, https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/al-rico-aguacate .

PD: Hoxe vouvos propor unha tarefa dende a área de valores. Podedes facela tod@s! Imos facer unha tarxeta de escritura creativa. Unha vez feita gustaríame que ma enviarades por correo electrónico. Tarxeta de escritura

Non vos esquezades de escribir no diario e repasar as táboas de multiplicar.
Un saúdo.
Fanny