Lista de ligazóns

27/3/20

Venres 27/03/20 - Actividades 3º de primaria

Bos días!

Hoxe dende a área de matemáticas imos traballar a resolución de problemas.  Antes de comezar coa actividade imos repasar a táboa léxico matemática que construímos na aula Táboa léxico matemática  Descargade a foto e ampliádea para que poidades vela ben. Copiarémola nunha libreta para que nos sexa máis doado de repasar e ao rematar iremos aos seguintes enlaces de mundo primaria para traballar a resolución de problemas.



A continuación, repasaremos o tema dos animais de ciencias da natureza a través dun quizizz. Lembrádevos entrades no enlace https://quizizz.com/join e engadimos o código 715316.A continuación poñedes o voso nome e iniciades o xogo.

Ao rematar, faremos unha ficha moi sinxela na que traballaremos diverso vocabulario dende a área de lingua galega. De que falo...

Hoxe como é venres e tocaba plástica, vouvos propoñer que creedes un lapiseiro empregando diferentes materiais de reciclaxe que teñades pola casa. Pódevos ser moi útil para empregar nesta situación nas vosas casas. Arriba esa creatividade!!! Unha vez rematado, enviádeme unha foto do voso lapiseiro polo correo electrónico.

Para esta fin de semana vouvos recomendar unha aplicación gratuita que podedes descargar no móbil dos vosos pais, chámase “el rey de las matemáticas”. É unha aplicación moi entretida!

Ánimo e boa fin de semana.