Lista de ligazóns

4/11/18

IX Día da Ciencia en Galego

Este ano o IX Día da Ciencia en Galego leva como lema A cultura cientíca e a cultura galega como patrimonio cultural europeo, e vai dedicado a Arquímedes e ao Mestre Mateo.

O físico grego Arquímedes pasou á historia por ser o primeiro que formulou o principio que leva o seu nome, principio de Arquímedes, que explica o que lle acontece aos corpos parcial ou totalmente somerxidos nun líquido.

O mestre Mateo foi un famoso escultor galego medieval responsábel da obra da catedral de Santiago e autor, entre outras obras, do Pórtico da Gloria.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/mestre-mateo-17