Carlos Casares Mouriño (1941 - 2002) é a persoa a que se adica o Día das Letras Galegas deste 2017. Para coñecer quen foi Carlos Casares podedes seguir esta estupenda biografía elaborada no CEIP "A Ponte" de Lugo.
Un dos seus libros leva por título A galiña azul (do que veremos proximamente unha adaptación teatral). A seguir un vídeo co conto narrado por nenos e nenas e con pictogramas.
https://youtu.be/LG8rI2j31Vg
Outra versión do mesmo conto elaborada no CRA de Rianxo.
A portada deste número vai adicada a Carlos Casares, figura literaria homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Recóllese a súa afirmación do galego como lingua dos galegos e o seu compromiso coa mesma exercido no seu labor de escritor.
No interior algunhas parellas de participios e na contraportada unhas viñetas de Davila.