Comezado o curso volve o En galego,... máis e mellor co seu número de outubro, o 62 desta xeira que comezou hai dez anos, en marzo de 2006. En destaque unha viñeta de Davila, hai uns días publicada en Faro de Vigo, na que aparece un dos pais (desgrazadamente poucos) que lle quere transmitir ao seu fillo o idioma. Ademais do pai aparecen algúns dos que estragan o traballo do pai, e aparece o neno... Ese neno que ninguén cun minimo de sensatez desexará que sexa incompetente na lingua propia do país. Arredor da viñeta escribe Cibrán Arxibai no blogue Carta Xeométrica unhas reflexións moi atinadas, que nos deberían facer pensar sobre a nosa actitude e comportamento ao respecto. No interior comezamos a falar sobre ditos e frases feitas galegas, algo no que pensamos seguir ao longo do curso.