Agora que traballaches os seis LIM sobre acentuación en galego, seguro que lle gañas a este xogo a calquera. O xogo é para dous xogadores, ou sexa que busca alguén na túa casa para demostrarlle o que sabes.
Propoñémosche unha serie de libros LIM sobre acentuación en galego. Non te asustes por seren seis! As máis das cousas que aparecen seguro que xa as coñeces e será só coma un repaso. Se algunha cousa esqueciches vaiche vir moi ben lembrala. E se algunha cousa non sabías, non era sen tempo que a aprendeses, así que... Ánimo!
Para repasar sobre adxectivos ("adjetivos" en castelán).
Agora unha actividade en castelán. Debes comezar na páxina 14 para repasar a diferenza entre oración e frase e lembrar o que son o suxeito e o predicado. Cos adxectivos comezas na páxina 19. Lembra que para chegares á páxina 14 tecleas o número na xaneliña superior e a seguir clicas na frecha. Para avanzar páxina premes no + e para retroceder no -.
Agora comeza na páxina 14.
E nesta última podes comezar... tamén na páxina 14!