Lista de ligazóns

7/10/14

"En galego,... máis e mellor" nº49

Co mes de outubro volve o boletín "En galego,... máis e mellor" nº 49. Na capa seguimos coa xeira polas mentiras sobre a lingua galega, esa que di que é unha falta de educación responder en galego se che falan castelán. No interior unhas palabras que levan a letra x coa pronuncia ks. Na contracapa unha cita do Xocas sobre cal é o gran labor da sociedade a respecto da lingua, e unha viñeta humorística de Castelao.




Xosé Luís Regueira, membro da RAG, danos unhas explicacións da pronuncia con son ks das palabras que recollemos no boletín.