O 19 de xuño ficará na historia da nosa escola como o día que inauguramos o mural rosaliano. Contamos coa presenza do seu deseñador, o ilustrador Xosé Tomás. Desde aquí queremos facerlle chegar o agradecemento de toda a escola pola súa achega. Ao longo dos últimos meses foise facendo aos poucos e hoxe podemos velo rematado. As mans dos nenos e nenas da escola de Randufe, dirixidas polas liñas do deseñador, deron este fermoso resultado.
O día non podía rematar sen ler uns poemas de Rosalía diante do mural.
E até alí iremos mañá. Se queredes saber algo da historia que agocha esta illa podes seguir a ligazón da Wikipedia, ou entrar neste site chamado Anecdotario Redondelán. Unha das etapas máis tristes da illa foi como cárcere na ditadura franquista.