O pasado día 5 celebramos na escola a IV edición do Día da Ciencia en Galego. Unha xornada dirixida desde o ensino para toda a sociedade galega, e que ten como finalidade defendermos a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresarmos ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego.