Agora que andamos cos substantivos veñen moi a conto estes dous espazos do Ben Falado. Un deles vai sobre os nomes propios que levan artigo e como debemos contraer ise artigo coas preposicións á hora da escrita. O outro recolle un caso de formación de plurais.
A gheada, ao igual que o seseo, son admitidas como realizacións válidas no noso idioma, e así esta recollido nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego publicadas pola Real Academia Galega. Xa que logo non debemos gardar ningúnha valoración negativa cara estas formas de falar o galego, que son plenamente válidas. E non vos esquecer que se a queredes escribir debedes pór "gh", nunca un "j".
Nesta aula da Universidade de Santiago de Compostela, algúns mozos e mozas fálannos coa súa bonita gheada.