Lista de ligazóns

29/4/13

UN POUCO MÁIS DE PRÁCTICA ...

A traballar!




PREME AQUÍ                                                PREME AQUÍ                         PREME AQUÍ

Historia Contemporánea (3). Retorno dos Borbóns e do absolutismo.

As guerras napoleónicas na Península Iberica van chegando ao seu fin coa derrota do bando francés. A batalla de Vitoria pon fin á presenza dos exércitos franceses na península.


Victoria en Vitoria



No mesmo 1813 asínase o Tratado de Valençay que pon fin ao reinado de Xosé I e devolve o trono a un Borbón: Fernando VII.


Tratado de Valençay



E con Fernando VII volveu o absolutismo. Adeus ás liberdades que alborexaran coa Revolución Francesa.


1814 De Fernando VII de "deseado" a "felón" (doc)



 1814 Restauracion do antigo Réxime



1814 O retorno da Inquisición



 En 1820 a sublevación de Riego obriga ao rei xurar a constitución. Comeza o trienio liberal.


1820 Riego rebélase



As monarquías reaccionarias de Europa acuden en axuda de Fernando VII para acabar co réxime liberal. Outro exército francés volve atravesar os Pireneos, esta vez para devolver o poder absoluto ao rei: son os 100.000 Fillos de San Luís. Comeza a Década Ominosa.


1823 Unha década ominosa



Os liberais intentan acabar co absolutismo, mais os seus intentos fracasan.


1830 Os liberais conspiran contra Fernando VII 



Cambios cosméticos para preparar a sucesión de Fernando VII.


1832 Para que todo permañeza, é preciso que todo cambie



Unha brincadeira.


Viva. Coldplay


Aforra auga!!!

Esta semana co gaio que celebramos o Día do Libro, non podemos esquecer o noso afán por aforrar auga. Mirade que cousiña máis linda!


14/4/13

"En galego,... máis e mellor" nº 40

Un comportamento ecolóxico responsábel débenos levar a fomentar as especies autóctonas, e se aplicamos o mesmo comportamento ecolóxico ás linguas (ecolingüismo) débense “plantar” linguas autóctonas. Manter, e reparar, os nosos ecosistemas precisa plantar máis carballos, como o da imaxe, e outras especies autóctonas no canto de tanto eucalipto ou mimosa. O ecosistema lingüístico precisa “plantar” máis galego e menos “especies foráneas”.




 



Un réptil no petróglifo e un paxaro no xeróglifo, así titulamos o interior deste nº 40 do "En galego, máis e mellor". Unhas pequenas listaxes de palabras coa súa acentuación correcta.


10/4/13

CALIGRAMAS

Que son os caligramas?

O caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou

conforman un personaxe, un animal,unha paisaxe ou calquera

obxecto imaxinable. As súas orixes remóntanse á antigüidade

pero foi Guillaume Apollinaire, poeta vangardista, o que puxo

de moda os caligramas no século XX.

Como os facemos?

Para crear un caligrama temos que partir dunha idea, unha

palabra, unha expresión ou un obxecto que haberá primeiro que

transformar en imaxe. O punto de partido será o debuxo que

represente unha idea orixinal, para despois escribir un poema

ou as túas ideas seguindo o contorno ou enchendo o seu perfil. 

Ao final, débense borrar as liñas do debuxo para que só se

vexa a figura cos seus versos.

Mirade estes exemplos:

[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]



 
Tamén podes ver este libro dixital creado polo CRA Retama:




Tamén podes probar este xogo que practica algúns caligramas xa creados. TRATA DE CONSEGUILO!

 

9/4/13

Historia Contemporánea (2). As independencias americanas


As ideas da revolución francesa e o exemplo da independencia dos EUA xermola nas colonias españolas en América.


1779 Algún día as colonias serán independentes



1781 Pensacola


 

1806 Independencia en voz baixa



1810 Os inicios da independencia de Argentina



1812 Agora podemos ser uruguaios



1812 Belgrano e a bandeira arxentina



A volta de Fernando VII ao trono coincide cunha transitoria restauración militar do poder colonial español nas colonias americanas.


1816 Hai que aplastar aos "patriotas"



Porén a independencia vai adiante.



1818 Declaración de independencia de Chile



1821 Independencia do Perú



Simon Bolivar batalla de Ayacucho