Lista de ligazóns
▼
26/3/13
23/3/13
21/3/13
XOGAMOS COAS PALABRAS
Demostrade todo o que aprendeches e resolvede estes xogos. Moita concentración e... a por eles!
[caption id="attachment_5207" align="alignleft" width="350" caption="Junta de Andalucía"]
[caption id="attachment_5206" align="alignleft" width="350" caption="Junta de Andalucía"]
[caption id="attachment_5204" align="alignleft" width="350" caption="Libros vivos SM"]
[caption id="attachment_5203" align="alignleft" width="300" caption="Junta de Andalucía"]
20/3/13
EXPERIMENTAMOS
Nos últimos dias estamos experimentando con diferentes substancias. Non sabemos se entre nós haberá futuros científicos pero aprendemos moitas cousas. Poñede atención!
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]
19/3/13
A mansión dos Pampín.
Na aula de 6º limos esta historia de Miguel Anxo Prado en Banda Deseñada. Unha historia ambientada nos tempos da burbulla inmobiliaria anterior á actual crise, na que unha familia urbanita galega recibe en herdanza unha vella casa rural coa que intentan tirar moito beneficio económico. Os personaxes e as situacións que van aparecendo son prototípicas: un alcalde corrupto, un construtor sen escrúpulos, unha administración que non ten interese ningún en protexer o patrimonio,..., burocracia absurda e moreas de ignorancia. Unha historia que reflicte moi ben os anos da especulación inmobiliaria e as desfeitas urbanísticas no noso país.
A Mansión dos Pampín - Versión dramatizada from Proxectoterra on Vimeo.
18/3/13
Historia Contemporánea (1). As guerras napoleónicas na Península Ibérica
A coñecida como Guerra da Independencia ou Francesada formou parte das guerras napoleónicas que se desenvolveron na Península Ibérica entre 1808 e 1814.
1808 Xosé I camiño da coroa española.
1808 O goberno de Xosé Bonaparte
Os que non recoñecen a autoridade do rei Xosé I organízanse en Xuntas de Defensa e loitan contra os que recoñecen o novo rei e contra o exército francés. Estas Xuntas de Defensa convocan na cidade de Cadiz a reunión dunha asemblea constituínte que se coñece como Cortes de Cadiz.
1808 Guerra independencia en Galicia (doc)
A situación de non aceptación do novo rei Xosé Bonaparte tamén se produciu nas colonias americanas da monarquía hispana, onde tamén se constituiron xuntas de defensa. O que comezaba como unha reacción á nova monarquía bonapartista levaría en pouco máis dunha década á independencia de todas as colonias americanas agás Cuba e Puerto Rico que seguirían baixo a soberanía do rei de España até a derrota española na guerra cos EUA en 1898.
1808 Xunta de Defensa de Cuba
17/3/13
14/3/13
12/3/13
UNHA PINGA DE CONTOS...
As nenas e nenos de 3º traballaron de ilustradores, escritores, editores, narradores e informáticos para facervos chegar os seus traballos. Foi moito traballo pero pagou a pena. Mirade!
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]
10/3/13
6/3/13
En galego,... máis e mellor nº 39
Un novo boletín En galego,... máis e mellor, o nº39 correspondente ao mes de marzo.
5/3/13
ÚLTIMOS DÍAS DE EXPOSICIÓN!
As alumnas e alumnos de 3º preparamos unha exposición sobre o espacio. Cada equipo elaborou a súa maqueta ou experimento e aprendemos moitas cousas: a traballar en equipo, a organizarnos, a escoitar e valorar a opinión dos compañeir@s e, ademais, sabemos máis sobre o universo que Galileo. Aquí tedes algunhas fotos sobre todo o proceso. Estades tod@s invitados a visitar a exposición. Veña, que xa queda pouco tempo!
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]