Lista de ligazóns

20/2/13

UN POUCO DE ORTOGRAFÍA...

Xa levamos un tempo cavilando na nosa forma de escribir e cada vez facédelo mellor. Agora probade estes xogos para e divertídeos!!


14/2/13

12/2/13

Wassily Kandinsky



Para animarvos, mirade este vídeo!

5/2/13

"En galego,... máis e mellor" nº 38

Boletín correspondente ao mes de febreiro que recolle na portada outra imaxe da presentación "O galego, o noso medio natural", onde di: Entre as medidas para desenvolver a normalización lingüística están a súa potenciación nos medios de comunicación, na empresa... e no ensino.


No interior unhas consideracións sobre a pronuncia de PARA e AO, e tamén sobre as elisións vocálicas.


Na contraportada dúas imaxes en relación á situación do galego no ensino co decreto chamado de plurilingüísmo. A primeira é unha viñeta de Davila onde a erupción dun volcán chamado Xunta non deixa voar un avión chamado galego, mentras outros avións (español e inglés) non se ven afectados polo fume.


Na segunda imaxe recóllese un pormenor do folleto elaborado pola CGENDL sobre o que supón o decreto. A viñeta recollida fai referencia á E. Infantil.


 

"En galego... máis e mellor" nº 38