TAREFAS LUNS 16 DE MARZO. 1º B
Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
16/3/20
Luns 16/03/20 - Actividades 3º de Primaria
Bos días nenos e nenas de terceiro de Primaria! Para comezar vouvos indicar unha serie de
recomendacións a seguir durante estes días que non asistiremos ao centro, para poder afianzar nos contidos traballados.
Na medida do posible, é moi importante establecer un horario para seguir a
rutina dende a casa.
·
Primeiramente
leremos cada día un pouquiño. Se queredes poderemos facer lectura online como
realizamos ás veces na clase a través do enlace http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html no apartado de terceiro. A continuación realizamos as actividades de comprensión
lectora interactivas.
·
Repasaremos
as táboas de multiplicar tódolos días. Para iso, podedes entrar no enlace https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar, onde atoparedes as distintas actividades interactivas das táboas, como xa fixemos na clase.
·
Realizaremos
un diario no que rexistraremos o que facemos cada día.
·
Podedes
realizar na casa diferentes xogos coas vosas familias. Seguro que elas coñecen un montón de xogos. Déixovos un enlace por se hai algún que non coñecedes e vos gusta https://pequesynenes.wixsite.com/adoradaspequeneces/single-post/Juegos-e-ideas-para-pasar-estos-dC3ADas-con-los-peques-en-casa
Ademais, diariamente vou
colgar neste blog as distintas actividades para reforzar os contidos traballados e
intentar continuar á volta co desenvolvemento do currículo programado.
Luns 16/03/20
Para comezar e tendo en
conta que non puidemos facer o exame de Ciencias da natureza programado,
déixovos unha ficha de toda a unidade para que fagades a modo de repaso. Podedes imprimila e facela ou senón realizala nunha libreta. Repaso ciencias da natureza
A continuación, a través
do enlace https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-tercero repasaremos as operacións básicas de sumar e restar.
E por último no día de
hoxe escribiremos no noso diario todo o fixemos.
Ata mañá e moito ánimo. Non esquezades o importante que é seguir traballando dende a casa e establecer o noso propio horario.
Un saúdo.
Fanny.
15/3/20
ACTIVIDADES 4º de PRIMARIA. 16/03/20
Ola alumnos e alumnas de 4º!
A partir de hoxe cada día atoparedes actividades de distintas materias para facer en casa.
Podedes imprimilas, pero se algún de vos non ten impresora podedes facelas nunha libreta indicando a data, o título da actividade e o número de exercicio.
É moi importante que as fagades todos os días pois é a nosa obriga seguir avanzando no programa para seguir APRENDENDO.Aconséllovos tamén que dediquedes un tempiño diario á lectura dun libro. Seguide practicando igual que facemos na escola. Tamén é importante que vos poñades un horario máis ou menos igual todos os días. O resto do tempo podedes ocupalo en actividades de lecer.
Nestes momentos tócanos convivir en familia. Aproveitade para disfrutar con xogos de mesa, puzzles, bailes, cancións... seguro que os vosos papás e mamás coñecen un montón de xogos para compartir.
Ánimo e poñede moito interese en facer ben as actividades!
Aquí vos deixo as actividades para hoxe:
CONTO
Este é un conto para ler, pero podedes tamén imprimir e pintar e incluso facer a ficha diaria que recolle o que facedes cada día.
Entrade neste enlace a través de FIREFOX e poderedes xogar.
TAREFAS PARA ESTA SEMANA DO 16-18 MARZO
Para que os nenos e nenas de 2º non perdan a rutina e facer dentro do que podemos vida normal, aquí van uns pequenos consellos:
-Procurar un espazo onde o neno/a esté tranquilo/a e sen distraccións.
-Facer un horario de traballo marcando tamén os tempos de descanso (curtos pero necesarios para que se mova cada 30 minutos).
-Deben traballar de xeito autónomo, eles sos e soamente lles axudaremos en caso de que non entendan algo.
-Cada día deberían ler e escribir.
Aquí expoñemos algún exemplos e recursos:
Entendemos que algunas familias non dispoñen de impresora para sacar as fichas pero podedes guiar aos nenos/as mirando o móbil . Non é preciso que copien todo, soamente que fagan as actividades nun caderno. Preme nas seguintes ligazóns
FICHAS NATURAIS
Tareas 2º Primaria
Luns 16. Martes17. Mércores18. Xoves eVenres(Festivos)
Matemáticas. Matemáticas. Matemáticas
Descanso. Descansos Descanso
Lectura comprensiva. Lectura comprensiva. Lectura comprensiva
Descanso. Descanso. Descanso
Dictado. Dictado. Dictado
Natu. Natu. Natu
-Procurar un espazo onde o neno/a esté tranquilo/a e sen distraccións.
-Facer un horario de traballo marcando tamén os tempos de descanso (curtos pero necesarios para que se mova cada 30 minutos).
-Deben traballar de xeito autónomo, eles sos e soamente lles axudaremos en caso de que non entendan algo.
-Cada día deberían ler e escribir.
Aquí expoñemos algún exemplos e recursos:
Entendemos que algunas familias non dispoñen de impresora para sacar as fichas pero podedes guiar aos nenos/as mirando o móbil . Non é preciso que copien todo, soamente que fagan as actividades nun caderno. Preme nas seguintes ligazóns
FICHAS NATURAIS
Tareas 2º Primaria
Luns 16. Martes17. Mércores18. Xoves eVenres(Festivos)
Matemáticas. Matemáticas. Matemáticas
Descanso. Descansos Descanso
Lectura comprensiva. Lectura comprensiva. Lectura comprensiva
Descanso. Descanso. Descanso
Dictado. Dictado. Dictado
Natu. Natu. Natu
13/3/20
Aviso importante
Ola alumnos e alumnas de Randufe, xa que estes días debemos permanecer no noso domicilio por motivo do COVID19, dende o cole os profesores enviaremos unha serie de recomendacións e actuacións para seguir o ritmo de traballo habitual. Entrade regularmente a partir do luns 16 de marzo no blog e clicade no voso curso (aparece na columna da dereita) para acceder as actividades que propoñemos día a día. Para o alumnado de 5º e 6º de E.P. as actividades estarán subidas na plataforma EVA.
Moito ánimo e sede responsables.
Moito ánimo e sede responsables.
29/1/20
Día da Paz
Dende 1964, todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da
Non-violencia en recordo de Mahatma Ghandi, importante pacifista hindú que deu á humanidade un exemplo de tolerancia, solidariedade, e respecto aos Dereitos
Humanos, á Non-violencia e a Paz.
No
Ceip de Randufe sabemos que
respectándonos crearemos un mundo
mellor. Por iso este ano estamos a desenvolver un proxecto relacionado co
coidado do Medio Ambiente. Coidando o
noso planeta tamén contribuiremos á Paz no mundo.
Aquí
vos deixamos uns videos para reflexionar.
Día da Paz
Sentindo a paz na natureza
24/11/19
Educando en Igualdade
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional de Eliminación da Violencia de Xénero.
Propoñémosvos esta cortometraxe para reflexionar sobre a importancia de respectar os dereitos de todas as persoas!
Propoñémosvos esta cortometraxe para reflexionar sobre a importancia de respectar os dereitos de todas as persoas!
11/11/19
3/11/19
Reciclar é importante!
Os alumn@s de Randufe somos conscientes da importancia de reciclar e separar residuos. Por iso este curso poremos en práctica un novo plan de reciclaxe.
Os Axentes Verdes serán os protagonistas! Entre tod@s conseguiremos un colexio máis limpo e comprometido co Medio Ambiente.
Aquí vos deixamos un corto para pensar...
14/10/19
Coidemos o Medio Ambiente
Bo día! Este curso no CEIP de Randufe levaremos a cabo un proxecto para reflexionar
sobre o coidado do Medio Ambiente.
O
cambio climático, a contaminación, a deforestación, a sequía, entre outros, son
temas que nos preocupan moito. Que podemos facer?
Para
empezar aquí vos deixamos unha curiosa
curtametraxe
para pensar… e concienciarnos sobre a importancia que ten o noso modo de vida no
cambio climático.
Canción polo cambio climático
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


