Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

3/4/20

Venres 03/04/20 - Actividades 3º de primaria


Ola chic@s! Chegamos o último día antes das vacacións. Espero que todo vaia moi ben nestes días. Hoxe vouvos por algunhas recomendacións para que poidades facer ao longo destas vacacións.

Para comezar vouvos engadir tarefas de repaso moi sinxelas que estivemos traballando estes días, tanto de lingua castelá Repaso como de lingua galega Repaso.

Ao rematar, realizaremos unha tarefa de investigación. Esta vez dos animais e plantas propios de Galicia. Para iso imos buscar en diferentes fontes de información animais e plantas propios de Galicia e anotalas. Escribide directamente no documento e cada un elixide unha cor. Ánimo, a ver quen atopa máis! Táboa 

Dende a área de matemáticas vouvos engadir diferentes enlaces con tarefas de repaso das diferentes operacións aritméticas.
https://es.ixl.com/math/3-primaria/multiplicar-por-2
https://es.ixl.com/math/3-primaria/multiplicar-por-9
https://es.ixl.com/math/3-primaria/dividir-por-8
https://es.ixl.com/math/3-primaria/dividir-por-6
De multiplicacións e divisións póñovos dous de modelo, se vos gusta tedes actividades de tódalas táboas.

A continuación engádovos dous cuestionarios de repaso de ciencias sociais. Como xa sabedes entrades no enlace https://quizizz.com/join . O primeiro cuestionario é para repasar o tema da auga na terra, para iso entrades co código 078667  e o outro para repasar o último tema que vimos das paisaxes que empregaremos o código 742081.

E por último dende a área de plástica imos facer un collage con distintos debuxos ou fotos dos momentos vivimos neste confinamento. Podedes engadir frases tamén. Unha vez realizado gustaríame que mo enviarades por correo electrónico.
Non vos esquezades de rexistrar no voso diario, ler cada día e gozade o máximo posible destas VACACIÓNS.

PD: Engádovos un documento con moitísimas tarefas por si lle queredes botar un ollo e realizar algunha nestes días. Actividades variadas

Ánimo, xa queda menos. Pasádeo moi ben nas vacacións!!! 
Unha aperta Fanny :)