Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/4/20

Mércores 01/04/20 - Actividades 3º de primaria

Ola chic@s! Como imos?

Hoxe para traballar a área de lingua castelá imos explicar os artigos. Para iso ides ver o seguinte vídeo https://www.youtube.com/watch?v=CarUDWAbDPc e unha vez rematado observaremos atentamente a seguinte imaxe "Los artículos"
Despois, imos realizar unha tarefa interactiva dos artigos https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-articulos.

Ao rematar, repasaremos os artigos, agora en lingua galega. A diferenza do castelán en galego cambian un pouco a súa forma. Os artigos determinados son; o, a, os e as e os indeterminados; un, unha, uns e unhas. Agora realizaremos unha tarefa en lingua galega para comprobar se entendestes o traballado. O artigo

A continuación imos realizar unha lectura interactiva a través da páxina de mundo primaria. https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/aranas-insectos Unha vez rematada faremos a súa comprensión lectora.

E por último dende a área de matemáticas imos seguir repasando as unidades decimais Repaso Para iso realizaremos unha tarefa moi sinxela. Unidades decimais
Ademais engádovos un cuestionario quizizz para que poidades repasar todos estes conceptos. Recordade entrades no enlace https://quizizz.com/join/ , engadides o código
392449, poñedes o voso nome e empezades o xogo. Ánimo!  

Non vos esquezades de escribir no voso diario e seguir repasando as táboas de multiplicar.
Un saúdo
Fanny