Iria Rey Pereira, alumna de 6º de Primaria do noso Centro resultou gañadora na súa categoría do concurso de debuxo infantil COMO MOLAN OS MEUS PÉS!
Despois de ler na clase o libro TEÑO UNS PÉS PERFECTOS da escritora María Solar, participamos no concurso organizado polos colexios oficiais de podólogos de Asturias e Galicia.
Hoxe, 22 de abril, Iria recollerá o seu premio en Ribadeo no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
Un novo traballo para @s artistas de cuarto. Que poderán crear? Mirade algúns exemplos tanto de marabillosos artista ao longo da historia como outros rapaces.
Despois dunhas longas vacacións, esperamos que veñades con forzas. Comezamos o estudo das plantas e deixamos aquí máis recursos para seguir aprendendo.